EDUARDO ESTÉVEZ. Premiado pola obra `Rúa da Cancela´

Eduardo Estévez, nacido en Bos Aires en 1969 e residente na Coruña, é un autor bilingüe, que ten publicado en castelán obras como Catedrales de perfil ou Ya tan deshabitado , pero que desenvolve a maior parte da súa lírica en galego: Lúa gris (premio Tivoli Europa 1999), Os veos da paisaxe , ou Caderno apócrifo da pequena defunta , (premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón).
Traduciu ó castelán obras de poetas brasileiros como Cecilia Meireles, portugueses como Nuno Júdice e galegos como Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras ou Manuel Forcadela.
Actualmente é programador e no tempo libre exerce como deseñador e soporte técnico dalgúns sitios web. Ademais, coordina obradoiros literarios nas bibliotecas municipais de Fene e das Pontes.
TÍTULOS PUBLICADOS
- Catedrales de perfil (Buenos Aires, Rundinuskín editor, 1990).
- Ya tan deshabitado (Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1994).
- Só paxaros saíron desta boca (accésit do premio de poesía Miguel González Garcés 1997) (A Coruña, deputación provincial, 1998).
- Lúa gris , finalista do premio Tivoli Europa 1999 (Vigo, edicións xerais, 1999).
- Os veos da paisaxe (Compostela, Retagarda Edicións, 2000; Ribeira, Edicións Bourel, 2009).
- Caderno apócrifo da pequena defunta , XV premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (concello de Dodro) (Sada - A Coruña, Ediciós do Castro, 2003).
- Derrotas , VI premio de poesía concello de Carral, 2002
(A Coruña, Espiral Maior, 2004).
- Postais , texto escrito en colaboración con Caro Erlich (edición web, 2005).
- Mapas para describir a ausencia (edición web, 2005).
- Itinerarios , antoloxía coral de textos de Eduardo Estévez realizada por Estevo Creus, Marta Dacosta, Eduardo Estévez, Celso Fernández Sanmartín, María Lado, María do Cebreiro, Antía Otero, Baldo Ramos e Rafa Villar (Santiago de Compostela, editorial Compostela - Concello de Santiago - Asociación de escritores en lingua galega, 2005).
- Construcións (Santiago de Compostela, Edicións Positivas, 2008).
TRADUCIÓNS
- Cecilia Meireles, El estudiante empírico (Maracay, Venezuela, la liebre libre, 1992).
- Chico Buarque, Construcciones (Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1993).
- Affonso Romano de Sant’Anna, Epitafio para el siglo XX (Caracas, Fundarte, 1994).
- Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras, Manuel Forcadela, Xela Arias, Finis Terrae (Maracay, Venezuela, La liebre libre, 1994).
- Nuno Júdice, Antología poética (Caracas, Angria Ediciones, 1996).
ELI RÍOS. Premiada pola obra `Rúa da Cancela´

Filla de emigrantes retorna a Galiza para pasar a primeira infancia en Lesta (Ordes) nun tempo no que os lobos aínda non eran animais mitolóxicos e as wii só se inventaran dentro de mentes retorcidas.
A segunda infancia supón un descubrimento de novos mundos e locais sociais (bares, non o facebook) de Santiago, onde algunha vez tamén coincide con xente interesante nas aulas de filoloxía.
Na terceira infancia recorre as illas lusófonas, e parte do continente, deixándose levar pola musicalidade dos ritmos e os sons das melodías.
Na infancia actual reside ao pé do castro de Elviña e até aquí é onde podo ler…
PREMIOS
- 2009: XII Premio de Poesía de Carral con Nós escoitando o badalo de Marienplatz que supón unha homenaxe á iconografía pop e á literatura galega dos anos oitenta, sen esquecer as pegadas surrealistas (aínda no prelo de Espiral Maior).
EVA MÉNDEZ. Mención do xurado por `A Muller Dormida´

Eva Méndez doRoxo (Eva Méndez Díaz) (Barcelona, 1978).
“Filla de emigrantes de Navia de Suarna (Ancares, Lugo), nacín en Barcelona no barrio Carmel, son economista, especializada en contrución, fai 10 anos que traballo nunha pequena Promotora en Barcelona.
No ano 2007 emprendín o proxecto de crear un blogue de poesía, grazas ao cal contactoume a Incomunidade (Portugal) para publicarme o meu primeiro poemario, As Sete Idades, no ano 2008, ano no que tamén participei do proxecto de Filo - Café proposto pola Incomunidade en Porto. Esta é unha proposta que nace en Portugal para achegar os artistas galegos, portugueses, brasileiros, e españois, baixo un lema interdisciplinar, dándonos a oportunidade de enriquecemento mutuo.
No ano 2009 participei na Semana de Poesia de Barcelona, organizando dous actos-recitais a partir dos meus textos, na sala Xina Art, dentro do proxecto O Catalizador.
Actualmente estou preparando varios proxectos en torno á poesia sonora en colaboración con:
- DjCarpanta (A Coruña) música electrónica.
- Xurxo Romaní (Barcelona) zamfona acústica e electrónica.
- Tr3xtures: Carles Llàcer (Barcelona) manipulación de son, Ilaria Sgrigna (Italia) pintura en directo.
En todos os casos a través dos meus textos e da voz, estamos experimentando coa interacción dos diferentes elementos: música, sons, pintura… para buscar novas dimensions á palabra escrita.
Dende o ano 2008 formo parte da compañía teatral Furafollas Agrupación Teatral, dende a cal achegamos montaxes en galego-catalán a toda a xeografia catalana dende o ano 1994.”