
O Concello de Malpica de Bergantiños en colaboración coa Asociación Cultural Caldeirón organizou este sábado día 21 de novembro ás 22.00 h. a “Cea das Letras” na Casa de Turismo Rural Casa Arpón.
No transcurso do acto procedeuse á presentación da obra “Xoguetes Póstumos” da escritora Emma Pedreira, gañadora do III Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas e da obra “Alentar na túa Rosa”, do escritor Paco Souto, gañador do accésit.
Así mesmo deuse a coñecer o fallo do xurado do IV Certame de Poesía Erótica que nesta ocasión recaeu nas seguintes obras:
- Obra Premiada: “Rúa da Cancela”, dos escritores Eduardo Estévez e Eli Ríos.
- Mención do xurado: “A Muller Dormida”, de Eva Méndez Díaz.
Ligazóns recomendadas