MALPICA "Vila da vida, na Costa da Morte"

Actualmente Non ten o Plug-in ADOBE FLASH PLAYER
necesario para poder visualizar correctamente esta web:

Pulse na ligazón inferior para descargalo

obtener FLASH PLAYER








logotipos correspondientes a cada sección

Concello

Novidades

X Concurso de Barcalas e Castelos de Area
XXVII MOSTRA DE OLERÍA
III FESTA GALEGA
Zona 3. Costa da Morte. Grupos de acción costeira 2007-2013
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Casas rurais na Coruña

O CABARÉ DA COMPAÑÍA PISTACATRO CHEGA A MALPICA

Nova representación da VI Mostra de Teatro do Concello.

Fotografía do espéctaculo Cabaré da compañía PistaCatro

Achégase a terceira entrega da VI Mostra de Teatro do Concello de Malpica. O vindeiro venres, día 20 ás 20.30 horas a compañía PistaCatro subirase ao escenario do Auditorio do Centro Cívico para ofrecer ao público “Cabaret”, unha compilación dos seus éxitos reunida nunha única obra.

Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.


Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2009 · 2010



© by Abertal