Nadal 2009-2010
Na tarde noite de onte luns día 16 de novembro á partir das 20.30 h. doce asociacións malpicáns mantiveron unha xuntanza con responsables do Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica co obxecto de preparar a programación do vindeiro nadal.
As 12 entidades participantes na xuntanza: A.C. Malante (Malpica), AC Carcaxía (Seaia), ACD San Xulián (Seaia), ANPA do CEIP Milladoiro, Asociación de Mulleres Redeiras Artesás Mar da Illa (Malpica), ACD San Martiño de Cambre (Cambre), ACD A Xunca da Virxe do Carme de Barizo, Asociación Veciñal Sociocultural O Río dos Pios (Mens), Asociación de Apoio a 3º Idade Os Paxariños, A.C. Tralla (Malpica), ANPA do CEIP Xaquín Rodríguez Otero de Buño e Asociación de Veciños Pobo Alfareiro (Buño) xunto co Concello de Malpica iniciaron os preparativos das vindeiras festas de Nadal que comezarán o vindeiro venres 18 de decembro coa visita do Carteiro Real ós diferentes colexios do Concello, os obradoiros de adornos de nadal e a decoración do arbol que se colocará na Praza Anselmo Villar Amigo.
A programación de nadal que se está a preparar conxuntamente coas entidades participantes e que se presentará a finais deste mes de novembro tamén incluirá festas infantís, tombolas, o programa Nadal Xogo, cabalgadas de reis nas diferentes parroquias, visitas de Papa Noel, proxeccións de cine nas parroquias e o programa Cine na Biblioteca entre outras actividades.
A programación do Nadal 2009-2010 caracterizarase por unha alta implicación das asociacións malpicáns na implementación das actividades a desenvolver para o que se espera a implicación de algunhas entidades máis que por diferentes motivos non puideron asistir a esta primeira xuntanza.