MALPICA "Vila da vida, na Costa da Morte"

Actualmente Non ten o Plug-in ADOBE FLASH PLAYER
necesario para poder visualizar correctamente esta web:

Pulse na ligazón inferior para descargalo

obtener FLASH PLAYER








logotipos correspondientes a cada sección

Concello

Novidades

X Concurso de Barcalas e Castelos de Area
XXVII MOSTRA DE OLERÍA
III FESTA GALEGA
Zona 3. Costa da Morte. Grupos de acción costeira 2007-2013
Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Casas rurais na Coruña

CONCERTO DA REDE ESPAZOS SONOROS NAS TORRES DE MENS

4 de setembro ás 18.30 h

Banner Espazos SonorosA rede Espazos Sonoros, que leva música a espazos de interese cultural, organizará un concerto nas Torres de Mens de Malpica.

A cita será o sábado 4 de setembro ás 18.30 h onde se interpretará "Viaggio d´amore. Unha viaxe de amor desde o renacemento até os nosos días" a cargo de Arianna Savall (soprano e arpa doppia) e Petter U. Johansen (tenor, hardingfele, fídula e mandolina).

Ligazóns recomendadas

X CONCURSO DE BARCALAS E CASTELOS DE AREA

Cartel X Concurso de Barcalas e Castelos de AreaO vindeiro venres, 27 de agosto, celebrarase, na praia Area Maior de Malpica, a X edición do Concurso de Barcalas e Castelos de Area.

Entre as 12:00h e as 14:00h o xurado nomeará os gañadores deste ano.

Concederanse os seguintes premios:
· 150 € ao primeiro premio
· 100 € ao segundo premio
· 50 € ao terceiro premio

Ademais de entregar un trofeo ao gañador das seguintes categorías:
· Premio especial do público
· Premio especial á mellor barcala
· Premio especial infantil

FESTAS DO MAR 2010

Como cada ano por estas datas xa están aquí as Festas do Mar.

O programa das festas:

Cartel Festas do Mar 2010 MalpicaVenres día 27 de agosto

11.00 h. Pasarrúas de gaiteiros da A.C. Malante
11.00 h. Concurso de Barcalas e Castelos de Area
14.00 h. Sesión vermú coa orquestra “Marimba”
22.30 h. Verbena coas orquestras:
“Marimba”
“Os Players”

Sábado día 28 de agosto

11.00 h. Pasarrúas de gaiteiros da A.C. Malante
14.00 h. Sesión vermú coa orquestra “Nevada”
18.00 h. VII Aniversario da A. C. Malante
19.00h. Trofeo Festas do Mar no Campo de futbol de Pedra Queimada: Malpica-Caión
22.30 h. Verbena coas orquestras:
“Nevada”
“D´Moda”

Domingo día 29 de agosto

11.00 h. Pasarrúas da Banda de Música das Pontes
12.00 h. Misa cantada pola Coral de Malpica
14.00 h. Sesión vermú coa orquestra “Anduriña”
17.30 h. Procesión Marítima
O barco “O Escacho” portará a Virxe e o “José Alejandro” portará o pendón
22.30 h. Verbena coa orquestra “Anduriña”

Luns día 30 de agosto

Festa dos Nenos

Tódalas atraccións terán o 50% de desconto
A partir das 17.30 h. pasarrúas da Charanga.es

III FESTA GALEGA

20 e 21 de agosto no Peirao de Malpica

Luar na LubreVENRES DÍA 20 de AGOSTO

20:30h: Festival de Corais
· Rondalla Añoranzas [Ferrol]
· Coral Brisas do Mar [Corme]
· Coral de Malpica

22:30h: Actuación do grupo Tigres del Cañotas

24:00h: Actuación do grupo The Cerne



SÁBADO DÍA 21 de AGOSTO

20:00h: Sardiñada popular e pasarrúas de gaiteiros

21:30h: Actuación do grupo Lume na cachela

22:30h: Actuación do grupo Bakalandra

24:00h: Actuación do grupo Luar na lubre

PROGRAMACION DA XXVII MOSTRA DA OLERÍA

Do 6 ao 15 de agosto de 2010

Cartel da XXVII Mostra de Olería de BuñoXa está dispoñible a programación da XXVII Mostra da Olería de Buño na que haberá música, teatro, concurso de modelado e a tradicional cocedura do Forno do Forte.

Consulta a programación na axenda de actividades.


Ligazóns recomendadas

ACTUACIÓN DE TROULA ANIMACIÓN

Sábado, día 14 de agosto de 2010

Cartel de Troula AnimaciónEste sábado Malpica verase asaltada por Troula Animación.

Dende as 22:00h os pasarrúas de "Calaveras y Diablillos" tomarán as rúas de Malpica para deleitarnos cos seus espectáculos e travesuras.

PROGRAMACION CULTURAL EN AGOSTO

Maxia, música e cine no verán malpicán

Luar Na Lubre estará o 21 de agosto en MalpicaNeste mes de agosto en Malpica podes gozar das noites de cine ao aire libre, participar da maxia e a animación de rúa e bailar ao son da música no I festival Malpica-Porto Alegre e na Festa Galega.

Consulta a axenda de actividades culturais!

Ligazóns recomendadas

II SARDIÑADA HOMENAXE AOS NENOS/AS SAHARAHUIS

O vindeiro día 9 de xullo, ás 21.00 h. no Campo da Festa de Seaia, as familias de acollida de nenos/as saharahuis organizan a II Sardiñada en Homenaxe aos nenos/as Saharahuis .

Esta edición contará coa exhibición do Grupo de Bailes de Salón da 3º Idade e coa actuación do Dúo Libertad.

Ademais levarase a cabo unha cea popular na que por só 5,00 € poderanse degustar sardiñas, xurelos, carne, chourizos e pementos, acompañados de viño e refrescos.

CURSO DE ALFABETIZACIÓN 2010

O alcalde de Malpica, D. José Ramón Varela Rey, durante a inauguración do cursoÁs 10 e media da mañá de hoxe, 30 de xuño, o alcalde de Malpica, D. José Ramón Varela Rey, deu a benvida ós 15 alumnos/as do Curso de Alfabetización de Adultos que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través do II Plan Galego de Inclusión Social en colaboración co Concello de Malpica de Bergantiños.

O Curso de Alfabetización de Adultos que se inicia hoxe realizarase no Centro Cívico do Concello de Malpica e prolongarase ata o 15 de decembro do presente ano, en dúas sesións semanais (martes e xoves de 10:00 a 13:00 horas).

Hemeroteca: 2009 · 2010

Formato RSS 2.0

© by Abertal