Síguenos en
es_ES
El tiempo en Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
10°
Domingo 17°
11°
Lunes 16°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDAD
  3. Noticias
  4. A Festa Galega cumpre 10 anos cun cartel de luxo no que destacan Tanxugueiras, Samarúas e Radio Cos

14Ago 2017

A Festa Galega cumpre 10 anos cun cartel de luxo no que destacan Tanxugueiras, Samarúas e Radio Cos

A Festa Galega de Malpica cumpre 10 anos, e para celebralo temos preparado un cartel de luxo, con grupos de primeira fila como Tanxugueiras, Samarúas e Radio Cos. Os concertos celebraranse a vindeira fin de semana, coincidindo coa quinta Feira Medieval Mariñeira, que volverá a encher de animación, colorido e actuacións as rúas da nosa vila.

A Feira Medieval Mariñeira será inaugurada o venres 18 ás 11 horas, e media hora despois empezarán a soar os primeiros acordes da Festa Galega no pasarrúas dos gaiteiros da Asociación Cultural Raigañas. A partir das 22.30 horas as actuacións trasladaranse ao porto, onde actuarán a Banda de Gaiteiros da A.C. Malante, Tanxugueiras (23.15 horas) e Fol de Veneno (00.30).

O sábado 19 tamén haberá música desde as 11.30 horas, nesta ocasión coas gaiteiras da Asociación Cultural Carcaxía. Pola tarde volverán a encherse as rúas de música co quinto Desfile de Bandas de Gaitas da A.C. Malante, que sairán ás 19.15 do Centro Cívico en dirección ao centro da vila. Xa no porto, ás 22 horas arrancará a noite grande da X Festa Galega coas Cantareiras da A. C. Carcaxía, ás que seguirán No Filo da Ferreña (22.30), Samarúas (23.15) e Radio Cos (00.50).

O domingo 20, a partir das 11 horas e ata a noite, estarán abertos os postos da Feira Medieval Mariñeira.

Festa mariñeira 2017_ 320x700mm-reducido.pdf