Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. El mejor Carnaval de la Costa da Morte llega cargado de citas ineludibles

22Feb 2019

El mejor Carnaval de la Costa da Morte llega cargado de citas ineludibles

 

O obradoiro de piñatas que organiza a asociación Carcaxía abre, este sábado 23 de febreiro, a programación de Entroido elaborada polo Departamento de Cultura do Concello de Malpica en colaboración coas asociacións Malante, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.V. S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Amijos da Mikaela, A. VV. De Leiloio, AVC Viradeira de Buño, Asociación de Amas de Casa, tabernas, bares, cafetarías, restaurantes e pubs.

O groso da programación concentrarase entre o 1 e o 10 de marzo. Estas son as citas:

Venres de Entroido, 1 de marzo

  • Pasarrúas do CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.30 h.
  • Pasarrúas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, a partir das 10.30 h.
  • Concurso de disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Cestas de lacóns e chourizos para os mellores disfraces. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfrace. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan os pubs de Malpica: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Patio, Prisma, e Don Paco.

Sábado de Entroido, 2 de marzo

  • A partir das 13.00 actuación de Os Piñeiros, na Praza Anselmo Villar Amigo de Malpica.
  • Ás 20.00 h. ruta de viños.
  • A partir das 22.00 h. cocido de Entroido no Restaurante Dourado (cocido, filloas, café e bebida.), Prezo 25,00 €, con sorteos de experiencias doadas polas tabernas, bares, cafetarías e restaurantes de Malpica. Prazas: 120. Venta de entradas: Pub Jofra, Restaurante San Francisco e Taberna do Lesto.
  • A partir das 00.30 h. actuación da fanfarra Brassica Rapa, polas rúas e pubs da vila de Malpica.
  • Concurso de disfraces de Entroido, a partir das 01.00 horas polos pubs da vila. Premios en metálico para os mellores disfraces: 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros premios individuais, e 250, 150 e 100 para comparsas e grupos. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfrace. O xurado estará composto polos propietarios dos establecementos. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. 

Organiza: Asociación Cultural Malante. Colaboran: Pubs, tabernas, bares, cafetarías e restaurantes de Malpica, e Concello de Malpica.

En Seaia

  • Festa de disfraces infantil con inchable e merenda saudable con doces de entroido sen glute e concurso de disfraces, a partir das 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A. C. Carcaxía.

 En Leiloio

  • Festa infantil con inchables a partir das 17.00 h. na Casa dos Veciños de Leiloio. Colabora: Asociación de Veciños de Leiloio.
  • Desfile de disfraces infantil e de adultos a partir das 20.30 h. seguido do concurso de doces para rematar coa actuación dun Dj.  Organiza: Asociación  de Veciños de Leiloio.

En Buño

  • Ás 17.00 h., no Teleclube, obradoiro de repostería de EntroidoPara rapaces/as a partir de 3 anos. 20 prazas. Inscricións nos teléfonos: 677 303 430 e 659 127 080, ata o 26 de febreiro. Colabora: AVC Viradeira de Buño.

Domingo de Entroido, 3 de marzo

En Malpica

  • Desfile de disfraces infantil, Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 17.30 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante.
  • Actuación da Charanga RUADA polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.
  • Nos pubs, tabernas, bares, cafetarías e restaurantes da Vila, daranse doces de Entroido.
  • Concurso de comparsas do Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Premios para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.00 horas na Praza Anselmo Villar Amigo. Categorías: xeral (a partir de 13 anos), con premios en vales por valor de 300, 200 e 100 euros; infantil (6 a 12 anos) e benxamín (0 a 6 anos), con agasallos para todos.
  • Concurso de piñatas do Entroido, na Praza Anselmo Villar Amigo, a partir das 18.00 horas. Entrega de premios ás 19.30 horas. Colaboran: A. C. Malante e C. Carcaxía. Premios en vales para mercar nos establecementos do Concello de Malpica por valor de 150, 100 e 50 euros para os tres primeiros.
  • Baile social de disfraces de maiores e concurso de disfraces para maiores das 20.00 h. ás 23.00 h no Auditorio do Centro Cívico amenizado polo Dúo D´Café.

Luns de Entroido, 4 de marzo

En Buño

  • Festa de disfraces infantil con inchables, chocolatada e concurso de doces de Entroido das 16.30 h. ás 19.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
  • Concurso de disfraces infantil ás 19.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Premios aos mellores disfraces. Organiza: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

Martes de Entroido, 5 de marzo

cartel concurso doces

En Malpica

  • Festa de disfraces infantil con inchables (rapaces/as ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 horas. Colabora: ANPA Ventorrillo.
  • Concurso gastronómico de doces do Entroido, a partir das 15.30 h., no Pavillón Polideportivo de Malpica. Fallo do xurado e degustación ás 19.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa e Asoc. de Amas de Casa. Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.

Venres, 8 de marzo

  • De 18.00 h. a 20.00 h., obradoiro musical de Entroido (elaboración dun disfrace musical para desfilar o domingo de piñata), na Aula da Arte do Centro Cívico. Para rapaces/as de 6 a 12 anos, admitiranse menores de seis anos mentres permanezan acompañados dos proxenitores. Nº de prazas: 20. Inscricións no Departamento de Educación e Cultura de 10.00 h. a 14.00 h., ata o xoves 7 de marzo.

Sábado de piñata, 9 de marzo

En Malpica

  • De 11.00 h. a 13.00 h., obradoiro musical de Entroido (elaboración dun disfrace musical para desfilar o domingo de piñata), na Aula da Arte do Centro Cívico. Para rapaces/as de 6 a 12 anos, admitiranse menores de seis anos mentres permanezan acompañados dos proxenitores.. Nº de prazas: 20. Inscricións no Departamento de Educación e Cultura de 10.00 h. a 14.00 h., ata o xoves 7 de marzo.

En Buño

  • A partir das 13.00 h. sesión vermú da Mikaela a cargo da Orquestra ARAMIO. No aparcadoiro de Casa Elías.
  • A partir das 14.00 h. degustación de cocido en todos os Restaurantes de Buño. Tamén haberá postos de polbo, carne ao caldeiro e churrasco ao carón do aparcadoiro de Casa Elías.
  • A partir das 17.00 h. Mikaeliña infantil con inchables e chocolatada (a cargo da ANPA Xaviña) para os máis novos, no CEIP Joaquín Rodríguez Otero.
  • A partir das 17.00 h. actuación do grupo rock Strobos, no cruce de Xornes.
  • Das 17.00 h. en adiante, DJ Impacto na carpa. No aparcadoiro de Casa Elías.
  • Ás 19.30 h. misa da Mikaela no Parque Luciano García Alén.
  • A partir das 23.00 h. actuación da Orquestra ARAMIO. No aparcadoiro de Casa Elías.
  • Ás 24.00 h. queima da Mikaela. No aparcadoiro de Casa Elías.
  • Remate de festa coa disco móbil Impacto, no aparcadoiro do Restaurante Casa Elías.

Organiza: Asociación de Amijos da Mikaela.

Domingo de piñata, 10 de marzo

En Cerqueda

  • Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia acompañados por unha comitiva de Entroido. Saída ás 16.30 h. itinerario: Os Resíos, O Ceán, Filgueira, As Cortes, Cerqueda, Leduzo e as Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas.

En Vilanova

  • Festa de disfraces infantil e degustación de doces do Entroido a partir das 16.30 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.V.C. S. O Brizo.

En Malpica

  • Actuación da Charanga FESTICULTORES Troupe polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas.
  • Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.