O web oficial do Concello de Malpica de Bergantiños inicia a súa andaina con toda a ilusión de converterse nun lugar de encontro para tódalas persoas interesadas no noso concello.

Este espacio foi deseñado para que poida ser usado como punto de información, tanto para os propios habitantes do concello, como para as persoas que nos queiran visitar e necesiten unha información actualizada de onde estamos, como chegar, a onde ir, e que facer unha vez que xa estean instalados. Para os máis noltálxicos e amantes da historia engadimos un álbum de fotos.

A información vertida neste espacio pretende cubrir tódolos aspectos sociolóxicos, turísticos e culturais da nosa realidade, ó mesmo tempo que ofrece a nosa imaxe de cara ó mundo. Desde o concello esperamos que sirva tamén para acercar, máis se cabe, a institución ó cidadán, polo que engadimos unha sección de contacto, coa intención de ter informado ó visitante, e esperando que sirva tamén a modo de buzón de suxerencias e consultas por parte dos cidadáns do propio concello.

O deseño deste espacio, foi realizado baseándose na realizade mariñeira da nosa vila, e ó mesmo tempo tamén se usou, como base de traballo, a obra do noso ben querido pintor Urbano Lugrís, para a realización da iconografía.

Desde o Concello, esperamos que teña unha feliz navegación, e que a arribada a este espacio lle sirva para coñecer mellor a nosa Vila da Vida na Costa da Morte.


novidades · presentación · situación · turismo · cultura · contactos

 

 

 

 

 

 

Voltar