Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
Luns 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Comezaron as obras de reparación e mantemento do Centro Cívico de Malpica, nas que se investirán 54.414 euros

22Feb 2017

Comezaron as obras de reparación e mantemento do Centro Cívico de Malpica, nas que se investirán 54.414 euros

IMG-20170222-WA0001

Hoxe arrancaron as obras de reparación e mellora do Centro Cívico de Malpica, un proxecto de 54.414 euros financiado con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña, que permitirán eliminar o grave problema de humidades que afecta ao edificio, inaugurado en decembro do ano 2003.

Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Ogando S.L., que dispón dun prazo de dous meses para levalos a cabo. O proxecto consiste na demolición e substitución das ventás da planta baixa e de parte das do primeiro andar, a construción de aleiros nas cubertas e a instalación dunha fachada ventilada con paneis de aluminio na planta baixa.