Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
11°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Comeza a construción do centro de saúde de Buño tras a sinatura da acta de replanteo na xornada de hoxe

9Feb 2015

Comeza a construción do centro de saúde de Buño tras a sinatura da acta de replanteo na xornada de hoxe

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, visitou pola mañá os terreos acompañado polo alcalde, Eduardo Parga Veiga
540-f-foto

Durante a visita que realizou a Buño o 8 de xaneiro, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o inicio das obras do centro de saúde para un mes despois. O día 15 do mes pasado asinouse o contrato entre a Administración autonómica e a empresa construtora, e xustocando se cumpren os 30 días de aquela visita arrinca a construción do novo edificio coa formalización da acta de comprobación de replanteo hoxe pola mañá. Rematan así os trámites administrativos, de xeito que a adxudicataria, Construcións Orega SL, empezará a traballar inmediatamente.

 

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou pola mañá os terreos nos que se construirá o centro de saúde, xunto ao Centro Comarcal e á Casa do Oleiro de Buño. Con el estiveron o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández; o xerente de Xestión Integrada do Sergas para A Coruña, Francisco Vilanova; a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, e técnicos da Administración e da empresa.

 

A obra, cofinanciada nun 50% por fondos do Estado dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable, ten un custo de 624.810 euros e un prazo de execución de sete meses, polo que o centro de saúde poderá estar operativo antes de fin de ano. O novo edificio sanitario terá unha superficie construída de 524 metros cadrados, nos que albergará un área médica con tres consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha sala polivalente e unha área de administración con arquivo, almacéns e outros servizos comúns. O centro de saúde poderá atender a unha poboación de 1.800 persoas.