Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 15°
10°
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Centos de nenos e nenas recibiron aos Bolechas como auténticos ídolos na Mostra da Olería de Buño

10Ago 2016

Centos de nenos e nenas recibiron aos Bolechas como auténticos ídolos na Mostra da Olería de Buño

O Concello de Malpica agasallou cun exemplar do libro “Os Bolechas visitan a Mostra da Olería” a cada pequeno

IMG_4294-osbolechas-buño

Os Bolechas foron recibidos como auténticos ídolos na Mostra da Olería de Buño, na que hoxe pola tarde houbo, probablemente, máis público infantil que nunca. Para os nenos e nenas foi un soño cumprido, e tamén para o Concello de Malpica, que, como lembrou o alcalde, Eduardo Parga, levaba tempo intentando que os populares personaxes de Pepe Carreiro visitasen terras malpicás. Era tanta a expectación que na carpa da Mostra da Olería xuntáronse centos de nenas e nenos e outros tantos adultos, entre eles os concelleiros Marisol Blanco, Iago Espasandín e Miguel Fernández, que tampouco quixeron perder a ocasión de coñecer aos Bolechas.

Por fin conseguiuse telos no noso concello, tanto na realidade, co pasarrúas dos Bolechas Corpóreos, que  recibiron bicos, abrazos e centos de peticións para facer fotos, coma na ficción, a través do libro “Os Bolechas visitan a Mostra da Olería”. A publicación, presentada hoxe e coa que foron agasallados todos os nenos e nenas presentes, fai un percorrido pola tradición artesá e por algúns dos principais atractivos turísticos do municipio de Malpica da man de Carmiña, unha pequena oleira que se converte en protagonista e fío condutor da historia. O libro seguirá dispoñible no stand que ten o Concello de Malpica no Parque Luciano García Alén.

Mañá os pequenos da casa volverán a ser protagonistas, pola mañá (11.00 horas) coa visita que farán tanto á Mostra da Olería coma ao Ecomuseo do Forno do Forte os nenos e nenas que participan no campamento urbano infantil que se leva a cabo este verán en Malpica, e pola tarde (19.00 horas) coa actuación dos Monifates.