Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
11°
Venres 16°
11°
Sábado 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

12Abr 2024

Malpica proxecta unha serie de actuacións no porto para garantir unha actividade máis eficiente

  • O alcalde, Eduardo Parga, reuniuse na xornada de onte co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, a quen lle trasladou os problemas que afectan á rede viaria e de iluminación desta zona
  • O rexedor fixo especial fincapé na súa preocupación por incrementar a seguridade na dársena
  • O primeiro edil tamén propuxo a creación dun convenio para facer uso da zona do travelift como aparcadoiro e pequenos eventos

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuniuse na xornada de onte co Presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, para abordar diferentes cuestións sobre a situación actual do porto do municipio. O obxectivo do encontro foi, fundamentalmente, proxectar diferentes actuacións que permitan mellorar a súa actividade.

En concreto, o rexedor trasladoulle a necesidade de mellorar a rede viaria, xa que presenta deficiencias importantes, o que aumenta os riscos e a perigosidade na zona. O presidente anunciou o proxecto atópase en estado de licitación de mantemento, estando xa contempladas as melloras e a reparación destas deficiencias, así como o aglomerado da zona sur, que contará cun orzamento de 67.000 euros.

Do mesmo xeito, Álvarez asegurou que están traballando tamén na licitación do alumeado dos portos, entre as que se atopa a mellora da liña enerxética do porto de Malpica, que foi outra das peticións realizadas por Parga durante o encontro. Por outra banda, está tamén para licitar, por valor de 200.000 euros, a modificación de todas as lámpadas deste espazo, que pasarán a ser led, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do lugar.

Solicitudes pendentes

O rexedor aproveitou o encontro para preguntar sobre o estado no que se atopa actualmente a proxecto de mellora da seguridade do porto, que, segundo asegurou Álvarez, está en proceso de estudo, avaliándose a posibilidade de levar a cabo a proposta que xurdiu na última reunión coa Confraría de Pescadores de Malpica.

Por último, Parga propúxolle ao Presidente de Portos a realización dun convenio entre o Concello e a entidade para poder facer uso da zona do travelift como aparcadoiro e para a realización de pequenos eventos.

Tras a xuntanza, o alcalde sinalou que “seguimos buscando investimento e traballando para mellorar as condicións do noso porto, tan importante para o avance económico de Malpica e para a súa xente, polo que tamén teño solicitada unha entrevista co Conselleiro de Pesca”.

12Mar 2024

Obradoiros gratuítos de barro para todas as idades en Buño

O Concello de Malpica organiza Obradoiros de Barro gratuítos no Ecomuseo do Forno do Forte do 26 ao 29 de marzo. Os talleres están dirixidos a todas as idades e niveis, e non se require experiencia previa.

Nesta actividade, os participantes poderán aprender diferentes técnicas de olería, como o modelado á man, o torno e a decoración. Tamén poderán coñecer a historia da olería na zona e visitar o Forno do Forte.

Os talleres impartiranse en horario de 16:30 a 18:00 horas. As prazas son limitadas a 15 participantes por taller. Non require inscrición. As persoas interesadas que precisen máis información sobre os Obradoiros poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Malpica chamando ao 981 707104 en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Esta iniciativa forma parte do programa de actividades culturais do Concello de Malpica para Semana Santa. Desde o concello de Malpica agradecemos a colaboración da Deputación da Coruña.

11Mar 2024

O Pavellón Polideportivo de Malpica acollerá un Torneo de Volei nivel iniciación

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Deportes, organiza un Torneo de Volei de nivel iniciación a partir dos 11 anos. O torneo celebrarase o martes 26 de marzo no Pavillón Polideportivo de Malpica. A duración do torneo será de 10:00 á 13:30 horas, aínda que o horario final pode variar en función do número de equipos. As persoas interesadas en participar no torneo poden inscribirse chamando ao teléfono 690 047 448 ata o xoves 21 de marzo.

11Mar 2024

Aberto o prazo para a inscrición do Campamento de Semana Santa 2024

O programa lúdico-educativo desenvolverase os días 26, 26 e 27 de 09.00 a 14.00

O Concello de Malpica organiza un campamento gratuíto para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo de 2024 no Centro Cívico. No campamento, os nenos e nenas poderán gozar de múltiples actividades lúdicas e educativas, adaptadas ás diferentes idades dos participantes. Un espazo de aprendizaxe e diversión onde poderán socializar con outros nenos, desenvolver as súas habilidades e aprender. A inscrición é gratuíta e pode realizarse ata o 21 de marzo de 2024. Para máis información, podes contactar co Departamento de Cultura do Concello de Malpica no teléfono 981 707104 de 11.00 a 14.00 horas.

Nesta ligazón pódese descargar o impreso:

2Feb 2024

O Concello de Malpica lanza a xornada de Entroido Deportivo baixo o lema Sabes Xogar?

O Concello de Malpica, a través do departamento de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, pon en marcha unha xornada de entroido deportivo baixo o lema “Sabes Xogar?”. Esta actividade organízase coa filosofía de fomentar a práctica deportiva entre os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos. Os participantes terán a oportunidade de disfrutar de diversas actividades deportivas, tales como fútbol 3×3, bádminton, ping pong e baloncesto.

A xornada terá lugar no pavillón polideportivo municipal o luns, 12 de febreiro, entre as 10.30 e as 13.30 horas. Aquelas persoas que necesiten máis información poderán chamar ao 981 707104 en horario de 10.30 a 17.00.

Na seguinte ligazón, podes descargar o impreso para a inscrición nesta actividade, que deberás presentar no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición remata o día 8 de febreiro.

9Xan 2024

O Concello de Malpica organiza unha limpieza de praias o vindeiro sábado, 13 de xaneiro

Desde a Concellería de Medio Ambiente xa estamos a levar a cabo a limpeza e retirada dos pellets plásticos das praias afectadas xunto co persoal do Concello e Protección Civil.

O concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, convoca una xornada de limpeza de praias que terá lugar este sábado, 13 de xaneiro, ás 10.00 da mañá, coincidindo coa baixamar.

As persoas que desexen  unirse como voluntarios e voluntarias, poden inscribirse desde mañá, tanto por vía telefónica contactando no 981720001 ou de forma presencial nas oficinas do Concello. Organizaranse varios grupos para levar a cabo a limpeza nas praias Seiruga, Beo, Area Maior e as Torradas. É importante aputarse para colocar a cada persoa na praia máis cercana.

6Xan 2024

O Concello de Malpica adquire a segunda parcela para a construcción da depuradora en Beo

O Concello de Malpica adquiriu a segunda parcela destinadas á construción da planta depuradora de saneamento en Beo. O Alcalde, Eduardo Parga, formalizou a adquisición mediante a firma dunha escritura ante notario. A operación levouse a cabo por un importe total de 10.700 euros.
Con esta adquisición o Concello de Malpica xa dispón dos terreos para a construcción da depuradora de Beo.

30Dec 2023

O Concello de Malpica adquire unha parcela clave para o novo centro de saude

O alcalde, Eduardo Parga, asinou ante notario a adquisición da parcela, que conta cunha superficie de 4.245 m2, dos cales 1.800 m2 cederanse ao Sergas para a construción do novo centro de saúde de Malpica. O custo da compra ascende a 165.300€ sen incluír o IVE.

O novo centro terá catro consultas de medicina xeral e tres de enfermería para adultos; unha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica; unha sala de toma de mostras e unha polivalente; e unha sala de urxencias.

Tamén terá sala de docencia e un despacho de coordinación.

O centro duplicará a superficie do actual, o que suporá que as consultas de adultos serán tres máis que no de agora, e engádese a de enfermería pediátrica, ademais de espazos propios para as salas de extraccións e urxencias, que agora sitúanse en espazos compartidos

11Nov 2023

‘Ás Para Alex’ emocionou aos asistentes na XIX Mostra de Teatro de Malpica

O Auditorio do Centro Cívico de Malpica disfrutou coa brillante representación da obra familiar “Ás Para Alex”, durante a XIX Mostra de Teatro. Os actores Iria Piñeiro e Xosé Esperante cativaron á audiencia cunha interpretación poderosa, mergullando a todos nunha historia conmovedora de superación e esperanza.

O teatro volverá o vindeiro venres, 17 de novembro, da man da compañía Fantoches Baj, quen nos sorprenderá coa obra “Pedro e ou lobo”. A función dará inicio ás 20:30 horas no centro cívico de Malpica.

Se desexas máis información sobre esta nova obra da Mostra de Teatro, non dubides en contactar ao Departamento de Educación e Cultura en horario de 9:30 a 14:00, ou chama ao 981 707 104.

Prepárate para vivir unha nova xornada teatral inesquecible en Malpica!

Página 1 de 1412345...10...Última »