Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Actas de Plenos e Xuntas
  3. Aprobado o IV Plan de Igualdade de Oportunidades de Malpica de Bergantiños

27Nov 2021

Aprobado o IV Plan de Igualdade de Oportunidades de Malpica de Bergantiños

Será o documento marco de actuación para o Concello en materia de igualdade no período 2022-2026

O IV Plan de Igualdade de Oportunidades de Malpica de Bergantiños é o documento marco de actuación para o Concello en materia de igualdade para o período 2022-2026 e preséntase como un instrumento de traballo onde se recollen as actuacións a realizar desde distintos ámbitos da sociedade e departamentos municipais. Foi aprobado en pleno.

O Plan está composto por 20 obxectivos xerais e 30 específicos, con 55 actuacións que se estruturan en 7 áreas de actuación: participación interna do Concello; educación; participación económica e laboral; cultura, ocio, deporte e espazos urbanos;  violencia de xénero; a muller rural e saúde. Todas elas en consonancia co plan da Deputación Provincial da Coruña “Compartamos Plan”.