PROGRAMACION
MALPICA ANTROIDO 2003

Venres día 28 de febreiro

  • Pasarrúas de malabaristas e botalumes polas rúas da vila, a partir das 10.30 horas. Organizado pola Ruta da Parrochiña.

 

Sábado día 1 de Marzo (Sábado de Antroido)

En Cerqueda, organizado por Asociación Cultural Raigañas.

  • Festa de Disfraces Infantil, ás 17.00 horas no local das Pozacas.
  • Comparsa de Antroido, percorrendo diferentes lugares da comarca, a partir das 8 da tarde.

En Malpica

  • Concurso Gastronómico de Doces do Antroido na Ludoteca Municipal a partir das 17.00 horas, fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Inscrición: No Departamento de Educación do Concello ou en calquera das entidades colaboradoras.

 

Domingo 2 de Marzo (Domingo de Antroido)

En Malpica

  • Desfile de Disfraces da EMAE, Percorrerá a vila saíndo as 17.00 do Local da Agra pasando polo cruceiro e rematando no Pavillón de Deportes.
  • Festa de Disfraces Infantil, no Pavillón de deportes do Concello a partir das 18.00 horas.
  • Concurso de Comparsas Infantís, ás 19.00 horas.
  • Desfile de Disfraces e Pasarrúas de malabaristas e botalumes polas rúas da vila, a partir das 18.00 horas, pola Ruta da Parrochiña.

 

Martes 4 de Marzo (Martes de Antroido)

En Malpica

  • Concurso de Comparsas do Antroido polas principais rúas da vila de Malpica Cestas de Antroido para as mellores comparsas, a partir das 17.00 horas. Entrega de Premios ás 19.30 horas, Praza do Campo.
  • Actuación da Charanga "OS ENXEBRES DE CACHEIRAS" polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.

En Seaia, organizado por A.C.D. San Xulian

  • Festa de Disfraces con preparación e degustación de productos típicos do Antroido, a partir das 17.00 horas.

En Barizo, organizado pola AVV de Barizo

  • Xogo das Vacas, a partir das 17.00 horas.

 

Sábado 8 de Marzo (Sábado de Piñata)

En Buño, organizado pola Asociación de Amigos da Mikaela.

  • A Mikaela sairá ás 16.00 horas de Cantarralana percorrendo tódolos bares e tabernas de Buño.

 

Domingo 9 de Marzo (Domingo de Piñata)

En Malpica

  • Enterro do Faustino, que sairá do Ventorrillo ás 17.30 horas para percorrer as rúas da Vila.
  • Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.

En Seaia, organizado pola A.C.D. San Xulian

  • Enterro do Farruco, que sairá en procesión as 17.00 horas do local cultural da Asociación Cultural e Deportiva San Xulián percorrendo as rúas de Seaia.

En Cerqueda, organizado pola Asociación Cultural Raigañas

  • Percorrido dos Madamitos, a partir das 17.00 horas, percorrendo a parroquia de Cerqueda.

 

Sábado 15 de Marzo

En Cerqueda, organizado pola Asociación Cultural Raigañas

  • Laconada para os socios da A.C. Raigañas.

COLABORAN

A. C. Raigañas, A. C. D. San Xulián, Asociación de Amas de Casa de Malpica, Confraría de Jesus de Nazareno, Asociación de Amigos da Mikaela, , Ruta da Parrochiña, Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Malpica, A.D. Illas Sisargas, Asociación de Empresarios de Malpica, A. C. A Feira, AVV de Barizo, AVV de Santiago Apostol de Mens, AVV Pobo Alfareiro de Buño e APA "Xaquín Rodríguez Otero".

 


novidades
· presentación · situación · turismo · cultura · contactos

 

 

 

 

 

Voltar