Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 18°
15°
Sábado 20°
14°
Domingo 19°
17°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Irmandiña de fútbol praia xogará en Malpica

10Ago 2016

A Irmandiña de fútbol praia xogará en Malpica

Seleccion-Gallega-Futbol-Playa-web

O próximo domingo 14 de agosto ás 17.30h, a Selección Galega de fútbol praia disputará un encontro amigable ante un combinado formado por xogadores que disputaron a I Copa da Costa de fútbol praia, organizada pola Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica.

A entidade cormelana e o consistorio malpicán volverán a convertir o areal de Canido nunha gran festa do fútbol praia, na que estarán auténticas estrelas mundiais da disciplina.

Os rapaces que formarán a primeira Selección da Costa de fútbol praia terán unha oportunidade única e participarán nun evento inédito que dende a organización esperan prolongar no tempo e que se repita nos próximos anos.

Os protagonistas

Os seleccionadores da Irmandiña, Benito Pastoriza “Beni” e Quique Sánchez, terán a súa disposición a Ramiro Amarelle, Miguel Santiso “Kuman”, Nico Alvarado, Darío Cotelo, Diego Guerra, Nico Olivera “Uru”, Rubén González e Álex Rey. Estes xogadores citados anteriormente serán os oito compoñentes da Selección Galega de fútbol praia que se desprazarán ata terras malpicanas para enfrontarse á primeira Selección da Costa desta modalidade.

Mentres tanto, o combinado costeiro, que dirixirá a gran Pili Neira, estará formado por Suso Vidal, Eloy Villar, Alejo Cambón, Lucas Rial e Diego Bermúdez do Corme CF; Miguel Rodríguez “Eme”, Fran Montes “Charro” e Matías Tedín do Sporting Seaia CF; Denis Lago e Adrián Negro do Muxía CF; Manu Pardo e Aitor Vilas do SCD Malpica.

A Costa da Morte estará representada na Selección Galega

Durante o encontro do próximo domingo, a Costa da Morte tamén estará representada dentro da Selección Galega de fútbol praia.

Ramiro Amarelle, o cal está considerado como o mellor xogador da historia desta modalidade, é natural de Ponteceso e será un dos grandes atractivos deste partido, no que seguro que non deixará de sorprendernos cos seus recursos increíbles.

O outro costeiro que estará presente sobre a area de Canido será o malpicán Darío Cotelo. O gardameta da Irmandiña, que o vindeiro domingo xogará na casa, xa ten unha experiencia contrastada nesto do fútbol praia logo de militar en clubes coma o Coruxo, o Barcelona e o Boca Juniors arxentino, ademáis de ser un fixo nas convocatorias da Selección Galega da modalidade.

Ademáis, destes dous xogadores naturais da zona, tamén estará o coruñés Nico Alvarado. Este herculino ten un gran vínculo coa Costa da Morte logo de militar varias tempadas no Malpica, durante a época dourada do clube malpicán, e tamén no Carnota.

Tanto Amarelle como Darío son dous dos grandes artífices de que este partido sexa unha realidade, xa que ambos xogadores costeiros teñen moitas gañas de acercar esta modalidade a súa terra e xogar cerca dos seus pobos natais.