A corporación municipal aproba un orzamento de 4.897.559,63 € para este ano
O Concello de Malpica disporá este ano dun orzamento de 4.897.559,63 euros tras a súa aprobación por parte do pleno da corporación. As previsións de ingresos aumentan un 7,51% debido, fundamentalmente, ao incremento do IBI por novas altas e regularizacións catastrais. No seguinte cadro reflíctese o estado de ingresos.
CAPÍTULO | DENOMINACIÓN | IMPORTE |
1 | Impostos directos | 1.511.793,47 |
2 | Impostos indirectos | 24.410,02 |
3 | Taxas e outros ingresos | 727.763,21 |
4 | Transferencias correntes | 1.855.855,61 |
5 | Ingresos patrimoniais | 2.788,65 |
6 | Enaxenación de investimentos reais | 0 |
7 | Transferencias de capital | 554.798,49 |
8 | Activos financeiros | 50.000 |
9 | Pasivos financeiros | 170.150,18 |
TOTAL | 4.897.559,63 |
A contía dos pasivos financeiros corresponde exclusivamente ao PAI 2016 (Plan de Aforro e Investimento). Unha parte do mesmo destinarase a amortizar a totalidade da débeda do Concello de Malpica (46.409,77 €), e o resto, á realización de investimentos (123.740,41 €).
Polo que se refire aos gastos, o orzamento increméntase un 20,86 % con respecto ao ano pasado. O principal aumento está nos investimentos reais a o principal descenso, nos pasivos financeiros debido á amortización da totalidade da débeda existente con entidades financeiras. O estado de gastos previsto é o seguinte.
CAPÍTULO | DENOMINACIÓN | IMPORTE |
1 | Gastos de persoal | 1.618.448,60 |
2 | Gastos en bens correntes e servizos | 1.903.925,96 |
3 | Gastos financeiros | 2.030 |
4 | Transferencias correntes | 218.108,13 |
6 | Investimentos reais | 1.058.637,17 |
7 | Transferencias de capital | 0 |
8 | Activos financeiros | 50.000 |
9 | Pasivos financeiros | 46.409,77 |
TOTAL | 4.897.559,63 |
Os gastos de persoal mantéñense e aumentan os de bens correntes e servizos debido en boa parte aos servizos de recollida e tratamento de residuos, asistencia social primaria, alumeado público, abastecemento de auga potable e administración xeral. Tamén suben as transferencias correntes nun 43,86 % debido á achega que ten que facer o Concello de Malpica á Xunta de Galicia para os gastos de mantemento da escola infantil de Cerqueda.